Section outline

  • Aplicación de Google para editar novos taboleiros:

    Accedemos a Google Drive coa nosa conta de gmail 

    Pica en Nuevo > Más > Dibujos de Google

    Escribe un título:

    Configura a páxina: Archivo > Configuración de páxina > personalizado -> 42 x 29,7 cm (Tamaño A3)

    Podemos debuxar as liñas de forma manual  debuxando 3 liñas verticais  a 10 cm e 2 horizontais, para guiarte activa ver> Mostrar regla.

    Tamén se pode inserir a plantilla do taboleiro como unha imaxe.

    Agora xa temos o taboleiro só teriamos que ir engadindo as imaxes. Pódense subir do ordenador, copiar a URL da imaxe (copiar a localización da imaxe) ou ir a buscar directamente buscar na web. Temos a opción de cambiar o tamaño, de movelas para a cela que queiramos.

    Tamén podemos engadir texto: Inserir > WordArt ou tamén cadros de texto.

    A plantilla quedaría gardada na nube.

    Para imprimila podes gardala en diferentes formatos. 

    Archivo > Descargar como > Pdf, Jpg, Png...

    Plantilla taboleiro