Escornabot
Section outline
-
Seguro que vos estaredes preguntando... Que é un Escornabot?
O ESCORNABOT, Unha historia de cacharros, poderes e compartición "É un proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo achegar a robótica e a programación aos nenos/as”.
"Trátase de programar para aprender e non tanto de aprender a programar... Programar é falar coas máquinas e que ademáis te entendan." Alberto Méndez.
Contamos con asesoría permanente na Wiki de escornabot. EscornaWiki
Os obxectivos do proxecto son:
-
Promover unha actitude positiva cara á tecnoloxía e a aprendizaxe activa.
-
Familiarizarse e adquirir confianza na construcción e manipulación de obxectos tecnolóxicos.
-
Fomentar os valores da cultura libre, o traballo cooperativo, a tecnoloxía como medio de participación cidadá, no contexto da biblioteca escolar.
-
Coñecer os fundamentos técnicos básicos de robótica, electrónica e programación.
-