Section outline

    • PROXECTO EUROPEO COMENIUS
      2012-2014
      logo

      "PLEASED TO MEET YOU!"

      ENCANTADO DE COÑECERTE!


    • VIDEO PRESENTACIÓN PROXECTO
      NOVEMBRO 2012



      FOTOS PRESENTACIÓN PROXECTO



      Si queres descubrir os países da Unión Europea, prema aquí



      Vídeo Resumo do Proxecto 2012-2014
      Maio 2014

    • Obxectivos do proxecto:

      Para a comunidade educativa

      • Reducir as barreiras entre países e culturas, reducindo e superando os prexuízos e estereotipos existentes sobre os distintos países participantes.

      • Fomentar tanto o inglés como as outras linguas europeas.

      • Establecer diferencias e semellanzas entre os outros países e o propio.

      Para o profesorado e o alumnado

      • Descubrir aspectos sobre a cultura, as tradicións e a forma de vida dos outros países.

      • Fomentar o uso das novas tecnoloxías (como ferramenta de comunicación, fonte de información, etc.)

      • Estimular a aprendizaxe do inglés e das outras linguas europeas.

      Para o alumnado

      • Realizar actividades que fomenten a curiosidade por descubrir diversos aspectos sobre as culturas veciñas.

      • Participar nas visitas que se leven a cabo.

      Para o profesorado

      • Promover a aprendizaxe de vocabulario nas outras linguas (intercambiando información cos outros participantes).

      • Promover o traballo común entre o profesorado do centro e dos outros centros europeos.

      • Descubrir aspectos importantes sobre os outros sistemas educativos.

      Para as familias

      • Apoiar ao alumnado e implicarse na medida do posible nas actividades propostas.


    • Consideracións en canto ós traballos sobre Burela, Galicia e España.