PROCESO ORDINARIO:
O proceso de escolarización ordinaria supón solicitar praza no centro con vistas a comezar en setembro do curso seguinte. Pode ser por nova escolarización (normalmente o alumnado de 4º de infantil) ou por traslado doutro centro.
O período de admisión é do 1 ao 20 de marzo.
O período de matrícula do alumnado admitido é do 20 ao 30 de xuño.
En datas previas aos períodos de admisión e matrícula serán publicadas nesta web as instrucións detalladas.
PROCESO EXTRAORDINARIO:
O proceso de escolarización extraordinaria supón solicitar praza no colexio para o curso actual. A normativa só permite estas solicitudes cando están motivadas por algunha das seguintes causas:
1. Traslado da unidade familiar debido a algunha das seguintes causas: mobilidade forzosa de calquera das persoas proxenitoras ou titoras, discapacidade sobrevida de calquera dos membros da unidade familiar ou cambio de residencia derivado de actos de violencia de xénero.
2. Outros supostos de traslado do domicilio da unidade familiar, motivado por causas distintas ás indicadas no número 1, que impliquen cambio de localidade.
3. Traslado de centro durante o curso sen cambio de localidade.
4. Incorporación tardía ao sistema educativo (por exemplo, alumnado procedente do estranxeiro).
5. Inicio dunha medida de protección (tutela ou garda) a través de acollemento familiar ou da incorporación a un centro de menores
6. Agrupamento da unidade familiar nunha mesma localidade que implique a necesidade de solicitar a escolarización.
7. Situación de acoso escolar.
Para estes casos o mellor é achegarse a pedir información na secretaría do centro ou chamando ao 881 880 237.
Impreso escolarización extraordinaria en castelán
Impreso escolarización extraordinaria en galego
Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
