DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Section outline
-
Celebramos o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO sendo moi reflexivos e reflexivas. Compartimos a visión sobre a igualdade que aparecen nalgúns contos? Seguramente atopaches estereotipos que non se axustan á túa realidade habitual. Tes que ter en conta cando foron escritos e como eran as persoas ás que ían dirixidos. Aquí tendes algunhas opinións de nenas e nenos. Que opinas ti?
Os compañeiros e as compañeiras de 5ºE elixiron que personaxes querían ser!
Así mesmo, o Concello achegounos unha proposta avalada pola Deputación Provincial. Sabela King e Carlos Gil interpretan composicións de produción propia que achegan á rapazada ritmos brasileiros, blues ou rock&roll ao tempo que nos falan de relacións afectivas sas, de igualdade ou da importancia de rachar cos estereotipos sexistas.
E por último, non deixedes de ver estas curtas que tamén nos axudan a valorar as nenas e as mulleres.