Section outline

  • O DÍA DAS ESCRITORAS reivindica o legado das escritoras a través da historia. Este ano, celébrase o día 15  baixo o lema:

    "LER AS IDADES DA VIDA"

    Con motivo desta celebración queremos compartir con vós estes breves relatos de escritoras galegas: DÍA DAS ESCRITORAS 2021.

    Así mesmo, este ano queremos aproveitar esta data para homenaxear a EMILIA PARDO BAZÁN, posto que o pasado 12 de maio cumpríronse 100 anos da morte desta escritora galega, considerada por moitos como a mellor novelista española do século XIX.

    Así mesmo, tamén vos queremos achegar este vídeo dunha das vosas escritoras favoritas. Aquí tedes a LEDICIA COSTAS.