A Aula Virtual do CEIP Torre-Illa acaba de arrincar!
Este espazo servirá para que os alumnos, alumnas e as súas familias poidan acceder en calquera momento aos recursos (información, actividades, xogos, vídeos, cancións, etc.) que os mestres irán colocando nos respectivos cursos.
Aínda non tomou a forma definitiva, polo que nesta primeira etapa poderá sufrir modificacións. Asimesmo, atoparedes cursos que aínda están valeiros, ou con poucos recursos: pouco a pouco irá tomando a forma definitiva. Desculpade as molestias!
Calquera dúbida, problema ou suxestión, comentádeo cos mestres no colexio, ou enviade un correo a Mariluz (teachermariluzalonso@gmail.com)