Angelina Jolie

Información Persoal:

Nada nos Ánxeles (California) o 4 de xuño de 1975.

Filla de Jon Voight, gañador do Oscar ó Mellor Actor de 1978 por Coming Home e de Marcheline Bertrand.

 

Información profesional:

A súa primeira incursión no cine foi en 1983, con apenas 7 anos, na película Lookin' to Get Out, xunto ó seu pai. O seu primeiro papel protagonista realízao anos despois, en 1993, na película Cyborg 2, que tivo moi pouca relevancia. Logo de varias curtas e algunha película pequena, en 1995 realizou o seu primeiro filme importante, Hackers.