Jitsi é unha plataforma para a realización de videoconferencias.

Podemos facelo como usuarios de educación, Consellería de educación da Xunta de Galicia, se dispoñemos dunha conta de correo usuario@edu.xunta.gal, pero tamén podemos empregar JITSI dende a propoa plataforma da ferramenta.

https://falemos.edu.xunta.gal/

Accedemos á plataforma e poñeremos nome á reunión. Se a sala ou nome da reunión é "cole4primaria" , a URL sería

https://falemos.edu.xunta.gal/cole4primaria

https://meet.jit.si/

Neste caso sairía

https://meet.jit.si/cole4primaria

  1. Empezamos logo por acceder á páxina desexada, Falemos ou Jitsi, poñemos nome á sala de reunión, formacionceipportonovo; prememos en IR
  2. Pediranos permiso para empregar a cámara e o mícrófono do equipo. Permitirémolo.
  3. Na seguinte pantalla esperaremos a que profesor/a abra a sesión. Cando esté aberta
  4. Pediranos o noso Nome (Polo que nos van a recoñecer) e logo a Contrasinal que nos indicou o/a convocante.
  5. Se fosemos nós o anfitrión (convocante da reunión), indicaremos que somo o anfitrión.
  6. Logo escribiremos o noso nome e contrasinal de usuario (usuario de educación) se empregamos falemos, ou calquera outro se empregamos JITSI.
  7. Se anteriormente estivemos como anfitrións na sala e puxemos unha contrasinal para a sala, vainola pedir.
  8. Xa estaremos dentro.
Última modificación: venres, 30 de outubro de 2020, 10:21 PM