Comentaremos algunhas aplicación libres e gratuítas para windows ou linux que nos van axudar a elaborar os nosos recursos educativos.
|
|
Recomendamos enviar as tarefas ao alumnado en formato PDF. Veremos algunhas aplicacións para traballar con estes arquivos. Word ou LibrOffice son procesadores de texto que teñen a posibilidade de publicar os documentos en formato PDF. Son moitas as aplicacións que publican, gardan ou exportan en PDF. |
![]() |
PDFMod: É unha aplicación para unir pdf's ou para eliminar ou seleccionar follas dun domento PDF. Imaxinemos que dispoñemos dun documento pdf de 7 páxinas das que só nos interesan 3. Con PDF-Mod podemos facelo. Alternativas a PDFMod son PDFShuffler en Linux ou PDF24-Creator en Windows. |
![]() |
Xournal en windows ou linux. Libre e gratuíta. É unha ferramenta fundamental para escribir ou debuxar sobre un documento PDF. Abrimos o PDF con xournal e poderemos debuxar, colorear, suliñar con transparencias, escribir texto manuscrito ou con teclado, e logo exportar o documento xerado, como PDF. |
![]() |
Todos os equipos dispoñen dunha aplicación para capturar o que se ve no escritorio como unha imaxe. Mesmo a tecla "ImprPant" do teclado fai esa función. Resulta moi práctica para que o alumnado non envíe un xustificante de lograr un resultado nunha proba ou xogo de autoavaliación. |
![]() |
Gimp é unha ferramenta de debuxo moi completa e algo complexa, pero algúns procedementos son moi sinxelos se seguimos sempre do mesmo xeito. Un procedemento que empregaremos moito é o de redimensionar imaxes: Abrimos a imaxe con Gimp. No menú superior buscamos a opción imaxe. No menú emerxente eliximos escalar. Poñemos a medida necesario (ex: 100 para iconas, 500 para imaxes,...) logo no menú Arquivo da barra superior "Exportamos como" , eliximos o formato png. damos nome a nova imaxe e xa rematariamos co escalado. |
![]() |
Se pensamos utilizar arquivos sonoros este é o noso programa. Gratuíto tanto para windows como para linux. Tamén nos pode valer calquer programa gravador de sons, pero debemos gardar o son como mp3. |
![]() |
Vokoscreen en Linux ou VokoscreenNG para windos son dous programas capaces de grabar todo o que ocurre no escritorio, incluso con sonido, creando un video que podemos exportar en mp4, formato soportado por todos os navegadores e aceptado por moodle. |
| Con LibreOffice Writer pódense crear formularios PDF editables polo que resulta moi doado crear fichas para que o alumnado poida cumprimentar mediante o navegador (Chrome) o un lector de PDF's. Para Windows e Linux. | |
| Ferramentas de Autor. Ardora, LIM, ExeLearnig,... existen distintas ferramentas que nos facilitan a elaboración de recusos mulltimedia interactivos, amigables, libres, gratuítos e compatibles con Windows e Linux. |