Tes que elixir un animal mamífero e facer unha pequena descrición do mesmo.

Pode axudarche este guión:
Nome
C |
|---|
CabaloO cabalo, ou egua se é femia, é un animal mamífero perisodáctilo da familia dos équidos (Equidae), herbívoro, cuadrúpede e de pescozo longo e arqueado.
| |
M |
|---|
MarmotaMarmota é un xénero de roedores esciuromorfos da familia Sciuridae, coñecidos vulgarmente como marmotas, de onde toman o nome científico. Aínda que están estreitamente emparentadas cos esquíos, as marmotas supéranos amplamente en tamaño e son de hábitos terrestres. A maioría viven en zonas montañosas de Eurasia e Norteamérica e están ben adaptadas ao frío grazas aos seus corpos repoludos, densa pelaxe, pequenas orellas e gran cola. As marmotas son animais moi sociables que usan unha gran
variedade de sons para comunicarse entre elas, sobre todo cando tratan
de advertirse dun perigo. Almacenan comida e hibernan nos seus tobos durante o inverno.
| |