4. Actividades H5P "agachadas"

Para almacenar actividades H5P que posteriormente podemos inserir en etiquetas ou mesmo noutras actividades H5P, sen que sexan visibles para o alumnado, temos a opción de ocultalas pero facelas e "dispoñibles" para que deixen rastro na avaliación.

Este é un proceso simple, xa que unicamente temos que ocultar todo o módulo ou a actividade e posteriormente, acceder a "editar" e premer en "facer dispoñible".