Outros aspectos de H5P

Sitio: Aula Virtual do CEIP plurilingüe Sestelo-Baión
Curso: CURSO H5P
Libro: Outros aspectos de H5P
Impreso por: Usuario convidado
Data: mércores, 19 de novembro de 2025, 4:11 PM

1. Insertar actividades de H5P

Para inserir actividades de H5P temos dúas opcións:

  1. Copiar o código html da actividade e inserilo na etiqueta, páxina ou libro.
  2. Empregando, en linguaxe html a ruta {h5p:nome_actividade}


2. Descargar actividades de H5P

En todas as actividades de H5P temos, na parte inferior, a opción "reuse" que nos presenta dúas alternativas para descargar e reutiizar este tipo de actividades.

Nesta páxina exploraremos a opción "descagar como arquivo h5p".

Neste caso descargamos un arquivo comprimido .h5p que poderemos restaurar en calquera curso da aula virtual.

O proceso é sinxelo, cando engadimos unha actividade interactiva H5P, en vez de "Crear", temos que seleccionar "Subir", onde colgaremos o arquivo descargado anteriormente para restauralo como unha actividade nova.

3. Reutilizar actividades de H5P

Outra opción interesante é "copiar o contido h5p" e pegalo no momento de crear outra actividade h5p.

No seguinte vídeo podes ver este sinxelo proceso.


4. Actividades H5P "agachadas"

Para almacenar actividades H5P que posteriormente podemos inserir en etiquetas ou mesmo noutras actividades H5P, sen que sexan visibles para o alumnado, temos a opción de ocultalas pero facelas e "dispoñibles" para que deixen rastro na avaliación.

Este é un proceso simple, xa que unicamente temos que ocultar todo o módulo ou a actividade e posteriormente, acceder a "editar" e premer en "facer dispoñible".