2. Descargar actividades de H5P

En todas as actividades de H5P temos, na parte inferior, a opción "reuse" que nos presenta dúas alternativas para descargar e reutiizar este tipo de actividades.

Nesta páxina exploraremos a opción "descagar como arquivo h5p".

Neste caso descargamos un arquivo comprimido .h5p que poderemos restaurar en calquera curso da aula virtual.

O proceso é sinxelo, cando engadimos unha actividade interactiva H5P, en vez de "Crear", temos que seleccionar "Subir", onde colgaremos o arquivo descargado anteriormente para restauralo como unha actividade nova.