2. MODELOS

Estades preparados? Pois aquí esta a proposta: construir un xoguete eléctrico.

Tedes que construílo con materiais que teñades a man e valorarase que sexan reutilizados. O xoguete ten que ter un circuito eléctrico que produza algún tipo de efecto no xoguete (movemento, luz, son..). Para inspirarvos podedes ver algún dos vídeos que vos deixo a continuación e tamén podedes buscar na rede outras ideas.

Deixade voar a imaxinación e creatividade! Vai ser divertido!!

Aínda non tedes que decidir o que ides facer, investigade e coñecede proxectos similares antes de decidirvos por un en concreto. O traballo realizarase en grupos de 3/4 alumnos que formará a titora. Podedes compartir os vídeos, páxinas de interese ou primeiras ideas no foro que o voso grupo ten creado e no que tamén participa a vosa titora na aula virtual do cole.