Construcción dun xoguete eléctrico (libro_proba)

Sitio: Aula Virtual do CEIP plurilingüe Sestelo-Baión
Curso: Exemplos recursos e actividades Moodle
Libro: Construcción dun xoguete eléctrico (libro_proba)
Impreso por: Usuario convidado
Data: venres, 21 de novembro de 2025, 12:25 AM

Descrición


1. PROPOSTA DO PROXECTO

Todos os días utilizamos unha serie de aparatos que necesitan a electricidade para o seu funcionamento, a neveira, as lámpadas, ... Estes aparatos reciben a electricidade da rede eléctrica da nosa casa ou de baterías e pilas. Estes aparatos transforman esa enerxía para obter diferentes cousas, un lavadora para producir movemento e calor para quentar a auga, as lámpadas en luz...pero que sabes ti da electricidade????

Contesta a estas preguntas no encerado dixital que hai debaixo. Poñeremos en común o que sabes ti e os teus compañeiros e a partir de aquí aprenderemos un montón de cousas sobre a enerxía eléctrica.


(Acceso encerado)

2. MODELOS

Estades preparados? Pois aquí esta a proposta: construir un xoguete eléctrico.

Tedes que construílo con materiais que teñades a man e valorarase que sexan reutilizados. O xoguete ten que ter un circuito eléctrico que produza algún tipo de efecto no xoguete (movemento, luz, son..). Para inspirarvos podedes ver algún dos vídeos que vos deixo a continuación e tamén podedes buscar na rede outras ideas.

Deixade voar a imaxinación e creatividade! Vai ser divertido!!

Aínda non tedes que decidir o que ides facer, investigade e coñecede proxectos similares antes de decidirvos por un en concreto. O traballo realizarase en grupos de 3/4 alumnos que formará a titora. Podedes compartir os vídeos, páxinas de interese ou primeiras ideas no foro que o voso grupo ten creado e no que tamén participa a vosa titora na aula virtual do cole.


3. INVESTIGAMOS

É o momento de que investigues e coñezas máis cousas da electricidade e os circuitos. Toda esta información facilitará a contrución do xoguete. Explícoche o que tes que facer:

1.-Ver o vídeo e constestar ás preguntas que se plantexan.


2.-Ler a información das infografías e intentar comprender as imaxes.

Estate moi atento xa que ao final terás que resolver un cuestionario sobre aspectos relacionados coa electricidade e completar un mapa conceptual.

Imos alo!!!!!

(INFOGRAFIAS) (iNFOGRAFIA2)





3.1. CUESTIONARIO

Cuestionario


3.2. SIMULADOR DE CIRCUITOS

Agora que xa sabes moitas cousas sobre a electricidade e os circuitos, propóñote que probes a facer circuitos virtuais a través desta ferramenta de simulación chamada PHET.

PHET