Lim na pizarra dixital Smart -Notebook
| INTEGRAR LIM EN NOTEBOOK . | Arquivo de exemplo: exemplo.notebook |
|
Necesario: |
Importante: O libro-LIM debe ter o nome de "libro.lim", ( nome por defecto que busca o player ). Se xa creou un libro-LIM e quere utilizalo en Notebook, cambie o nome do arquivo .lim |
|
Iniciamos Notebook e creamos unha páxina. |
|
Engadimos ao repositorio de recursos o arquivo lim.swf,que aparecerá no grupo "Contidos interactivos e multimedia". Este paso só teremos que facelo a primeira vez, porque lim.swf estará dispoñible sempre que iniciemos Notebook. Arrastramos lim.swf á páxina. |
|
Colocamos o arquivo, o dimensionamos segundo as nosas preferencias. Lembre que LIM adáptase a calquera tamaño, incluso pode xiralo. Como non hai contido o marco aparece en branco. |
|
Gardamos o proxecto. Neste exemplo utilizamos o nome proba.notebook. Localizamos proba.notebook no ordenador e cambiamos a extensión .notebook por .zip e o abrimos cun programa para arquivos comprimidos, por exemplo 7zip. Ésta é a estructura de directorios dun arquivo notebook. Abrimos o cartafol "flash"..... |
|
...... no cartafol "flash" aparecen os recursos flash, separados en directorios. Neste caso só incluimos un libro-LIM, pero se foran varios aparecerían en cartafols:flash1, flash12, flash13, etc. |
|
Abrimos "flash1" e atopamos lim.swf, agora só temos que traer a este directorio o arquivo libro.lim e as imaxes ( mellor que os elementos multimedia: imaxes,sons,vídeos,etc estean agrupados nuncartafol). Importante: o arquivo LIM ten que ter o nomelibro.lim, porque é o que por defecto utiliza o player. |
|
Así queda o directorio. libro.lim: o arquivo XML de configuración. demo250: directorio cos elementos multimedia.
Comprimimos tódolos arquivos de notebook ( ver imaxe 4 ) en formato zip. Cambiamos a extensión .zip por .notebook. |
|
Abrimos o arquivo con Notebook e agora podemos ver o libro-LIM funcionando correctamente. Podemos integrar varios libros-LIM na mesma páxina ou en páxinas distintas. Os libros-LIM poden ter só unha actividade, pero neste caso é preferible incluir un botón coa función "repite" para que poda reiniciarse a actividade.
Se alguén sabe doutro método para inserir LIM en Notebook, pode completar este artigo. |
| Notebook é un producto de SMART Technologies Inc. | LIM é un producto Educalim. |