Saltar navegación

Xustificación

A figura de Carlos Casares Mouriño é clave para poder entender a cultura galega dos últimos anos. As súa obra, desde as primeiras publicacións ata as obras destinadas a un público infantil, supuxo un impluso renovador para a nosa literatura, un impulso que o escritor complementou co seu traballo no mundo editorial.

Pero Casares ademais de escritor foi mestre, mestre expedientado por loitar xontra as inxustizas e as corruptelas e por defender os dereitos dos máis desfavorecidos.

É por todo o anteriormente dito polo que o Concello de Teo, a través da Concellería de Educación, quere celebrar este 17 de maio poñendo a disposción do alumnado dos centros de ensino un banco de recursos dixitais que dalgún xeito poidan complementar o traballo da aula.

É o noso xeito de proporcionar vitaminas para a lingua galega.

Teo 17 de maio de 2017

Pilar Pérez Faxil

Concelleira de Educación