Saltar navegación

Proposta didáctica.

    

Esta proposta didáctica non se concibe como unha unidade pechada e secuenciada encamiñada a acadar uns obxectivos específicos, senón como un banco de recursos dos que o profesorado poida botar man para integrar a celebración desta data dentro da programación de aula.

Escollemos materiais TIC porque entendemos que esas ferramentas deben formar parte activa dunha escola do século XXI .Unha escola que precisa formar mozos e mozas con capacidade crítica para moverse no mundo dixital sabendo separar a información obxectiva e rigurosa da opinión ou o intento de manipulación. Formar, en resumo, homes e mulleres con competencia dixital.

A variedade dos recursos que se presentan fai tamén que as metodoloxías de traballo poidan ser moi variadas indo dende unha situación de aprendizaxe na que o profesor ou profesora ocupan un papel central , ata situacións colaborativas de aprendizaxe nas que a rede sirva de marco de refencia e nas que se desenvolvan técnicas de investigación máis ou menos guiadas.

A división e catalogación dos recursos recollidos nesta guía non pretende ser nin moito menos ríxida. Faise unha distribución por idades a partir da maior ou menor complexidade e tratando de adaptalos aos gustos do alumnado de cada etapa, pero seguramente que se podían ter distribuído de outro xeito.