Domingo Fontán

CIENCIAS SOCIAIS PRIMARIA

TAREFA

O traballo que ides desenvolver non é doado, así que imos repartir as tarefas dentro da aula, de xeito que cada equipa prepare unha serie de actividades que a continuación vos presentamos:

1. Elaborar unha breve biografía de Domingo Fontán subliñando os aspectos que vos parezan máis relevantes. Colocarase na cortiza da aula. Estaría ben que citárades as fontes. (Equipa de biógrafos/as)

2. Realizar unha exposición con fichas onde se mostren imaxes de Domingo Fontán, dos traballos máis famosos que desenvolveu este importante xeógrafo galego e dalgún libro que se lle adicara a el. (Equipa de xeógrafos/as)

3. Publicar no corredor o xornal "Xentes da Ramallosa" unha selección de artigos de prensa sobre Domingo Fontán . (Equipa de periodistas)

4. Facer unha presentación do traballo de cada grupo para que todos e todas ampliemos os nosos coñecementos sobre o xeógrafo que dá nome á nosa aula. (Todas as equipas)