Saltar navegación

Proposta de traballo

Traballo de equipoImos xuntarnos por equipos para facer un traballo de reflexión e debate sobre o conto de "Un mesmo sol para todos".

Nomeade secretario ou secretaria para que anote as cousas máis importantes que faledes.

  • A primeira tarefa a desenvolver será localizar Siria, o país de Ahmed, nun mapa en internet.
  • Logo, organizamos un debate entre todas e todos en cada grupo para reflexionar sobre as seguintes cuestións:
    • Cal é a mensaxe que pretende transmitir esta historia?
    • Por qué Ahmed tivo que fuxir do seu país? Que farías ti no seu lugar?
    • Se tiveras que abandonar Galicia por culpa dunha guerra, por unha catástrofe ou calquera outro motivo, como che gustaría que che tratasen?
    • Se coñeces a alguén doutro país, trátalo correctamente? Que cousas podemos mellorar?
    • Juan y Ahmed teñen moitas cousas en común, podrías dicir algunha que lembres?

Finalmente faremos unha posta en común de todos os grupos.