 |
- Nun documento municipal do ano 1931, acórdase nomear unha comisión que organice os postos de venda na feira.
- O xornal El Compostelano no ano 1932 fala do xentío que acudía ao mercado e das chabolas, alpendres, tendas de lona e madeira para a venda de poldras, mulas e cabalos. Tamén di que había baile, funcións de teatro, rifas, equilibristas e trapecistas.
- Un informe do Ministerio de Agricultura do ano 1972 permítenos facer idea da importancia da feira polo número de cabalos que concurrían (630), moito máis que en calquera outra.
|