Por webmaster, 5 Abril, 2024

Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2024/2025 no CEIP Praia de Quenxe. Por protección de datos, esta listaxe só se pode consultar presencialmente no tablón de anuncios do centro (no interior das instalacións do colexio) e tamén a través da aplicación AdmisiónAlumnado, para o que será preciso identificarse coa Chave365 ou con certificado dixital. En todo caso infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI ADMITIDO.

Comentarios

Termos_secretaria