Diferencia de xogos de antano e xogos actuais

Diferencia de xogos de antano e xogos actuais

por Laura Teijeiro Blanco -
Número de respostas: 1

Pensades que hoxe en día a xente xoga tal e como se facía antes?Que diferenzas ou cambios notades con respecto aos xoguetes utilizados e os xogos practicados polos nenos e nenas de hoxe en día e os de antes?

Na época de nosos bisavós/bisavoas, avós/avoas, pais/nais  non existían ordenadores, nin materiais tecnolóxicos, tampouco había a posibilidade de ir a unha tenda e comprar xoguetes. No pasado, os nenos  e nenas tiñan que inventar os seu propios xogos no seu tempo de lecer que as veces era curto porque tiñan que axudar nas tarefas da casa; e tamén, tiñan que fabricar os seus propios xoguetes cos recursos que tiñan ao seu arredor.  Aprobeitábase máis a natureza e traballábase máis a creatividade e a imaxinación.  Na actualidade, estamos en pleno contacto cos avances da tecnoloxía e a facilidade de acceder a unha tenda e comprar o producto, xa que estamos inseridos no consumismo constante. 

Que opinades? Que visión tedes sobre este tema?