En Galicia, as plantas estaban moi presentes na literatura popular e tradicional, e tamén na transmisión oral, xa que coñecer os nomes e propiedades das prantas silvestres era, moitas veces, importante para a supervivencia.
¿Coñecedes vós, ou a vosa familia, algunha pranta silvestre con propiedades?
Na nosa familia, por exemplo, estaba moi presente o sabugueiro. É considerado un curatodo:
As súas flores conteñen rutina, un antioxidante que reforza os capilares e protexe contra enfermidades do corazón. Tamén se usa para aliviar a tos seca en caso de resfriados, gripe ou asma, entre moitas outras propiedades.

Sambucus nigra.