Produto final: videoxogo
Deseñaremos un videoxogo en Scratch ou Mblock. A idea inicial é ter unha cesta na parte baixa da pantalla que se manexe co teclado ou co rato. Esa cesta debe recoller alimentos que van caendo de xeito aleatorio dende a parte alta. Cada alimento ten un valor calórico que imos sumando na puntuación.
O xogo ten tres fases (almorzo, xantar e cea): cada fase ten alimentos axeitados (que suman calorías) e alimentos “nocivos” que fan que teñamos que comezar de novo o xogo. Para pasar dunha fase a outra debemos sumar o número apropiado de calorías, xa que de pasarnos, teremos que comezar de novo.
Esta programación é bastante sinxela, pero se tes dúbidas, podes ir aos titoriais das tarefas anteriores.
Este produto será compartido co resto de alumnado do colexio, que poderá xogar e aprender deste xeito.
Achega o teu arquivo nesta caixa de entrega.