Section outline

    • O cerebro do neno/a ao nacemento atópase nun estadio moi pouco desenvolvido. Durante os primeiros 2-3 anos de vida é cando se produce un importante cambio en volume, estrutura e desenvolvemento de circuítos neuronais. Eses circuítos son sumamente maleables e dependentes dos estímulos externos. Sobre todo dos coidados dos familiares.

      Problemas no desenvolvemento

      Diversos estudos científicos demostraron que a exposición dos nenos/as ás tecnoloxías nestas primeiras etapas da vida pode asociarse con:

      # Déficit de atención.

      # Atrasos cognitivos.

      # Problemas de aprendizaxe.

      # Aumento da impulsividade 

      # Falta de autocontrol.

      No seu lugar, “é recomendable fomentar xogos libres que estimulen a súa imaxinación e capacidade de resolver situacións. Os máis beneficiosos son aqueles que se producen en contornas naturais, con movemento, manipulación de obxectos e en relación con nenos de diferentes idades.

    • 1