Section outline

    • Durante o presente curso traballaremos dixitalmente a través de pequenas tarefas e tamén a través das videoconferencias. Irei activando os videos a medida que avancemos e veredes que irán aparecendo arquivos para que consultedes.

      Contidos 

      Funcionalidades máis salientables de webex.

      Xeralidades de moodle

      Ferramentas sinxelas: foros , etiquetas, arquivos, intoducir unha URL e crear unha tarefa

      Espazo Abalar

      Procedementos:

      Manexo e control dunha videoconferencia

      Configuración dun curso virtual


    • Corrixir tarefas do alumnado

    • As AULAS VIRTUAIS (Moodle) dos centros educativos estrutúranse en cursos onde os profesores poden colgar os seus recursos e actividades para o alumnado, mantendo en todo momento un seguimento da actividade que este realiza. Ademais, o amplo número de actividades dispoñibles fai de Moodle unha plataforma con un potencial colaborativo moi importante.

    • Creación dun curso na Aula Virtual

    • Creación e xestión de foros

    • Estrutura organizativa dun curso na Aula Virtual : Etiquetas e Ficheiros

    • GRUPOS

      Serven para ter nun único curso ó alumnado clasificado en varios grupos. Podo avalialos por separado e tamén porlle distintas actividades ou recursos

    • RESTRICCIÓNS

      Imos usalo para deixar ver ou non calquera actividade ou recurso a certos usuarios. 

      No menú editar da actividade correspondente iremos a restriccións


      Por defecto todo o alumnado verá a tarefa. Se quero que a vexan certos usuarios escollerei grupos ou utilizarei outras restriccións dispoñibles como nome ou aplelidos

  • Probas (cuestionarios) e banco de preguntas

    • Creación de actividades de probas

    •  Crear tarefas para o alumnado

    • Coa app Moodle Mobiletodos os teus cursos móstranse nunha lista con acceso fácil aos contidos, participantes, cualificacións e notas.
    • Conéctate cos participantes do curso
    • Podes acceder ao perfil de cada participante e contactar con eles pulsando sobre os seus datos de contacto

    • Accede fácilmente ao contido do curso
    • Visualiza as actividades do curso e descarga os materiais que queiras usar off-line

    • Cualificacións e cualificar
    • Os alumnos poden acceder ás súas cualificacións nos cursos que están matriculados e os profesores poden ver os envíos das tarefas dos seus alumnos



    • ESPAZO ABALAR é unha ferramenta de comunicación entre o profesorado e as familias.

      Os/as docentes poden enviar mensaxes ás persoas responsables do alumnado, xeito individual ou grupal e poden permitir que as persoas responsables respondan á mensaxe iniciando así unha conversa con elas.

      Tipos de mensaxería:

      • mensaxes privadas
      • mensaxes de difusión
      • mensaxes tipo sala

       
      Mensaxes privadas ou de difusión para grupos enviadas polo profesorado, as persoas responsables van poder comunicarse mantendo a privacidade. A única diferenza é que o profesorado vai poder personalizar os contidos, no caso da mensaxe privada, ou notificacións de interese para todo o grupo, no caso da difusión.
       
      Mensaxes tipo sala, permiten crear novas comunicacións dirixidas ás persoas responsables do alumnado. Neste caso a selección faise por grupos completos e as respostas que se envían son visualizadas por cada integrante da sala que teña aceptado participar no chat.
       
      Unha vez enviada a mensaxe, as persoas responsables que estean subscritas ás notificacións recibirán avisos push na app abalarMóbil instalada nos seus dispositivos móbiles.

       

      Acceso á plataforma:

       

      Acceso ao servizo de comunicación:

       

      Videotitoriais:

       

      Como solicitalo:

      • O servizo está dispoñible para todo o profesorado que imparte docencia en centros públicos de Galicia. Para acceder á ferramenta soamente hai que autenticarse co usuario e contrasinal da conta corporativa (o mesmo empregado para entrar no correo e noutras ferramentas corporativas).

       


  • Cisco Webex Meetings é a plataforma recomendada e promovida pola Consellería para realizar as Videoconferencias.