Section outline

    • ESPAZO ABALAR é unha ferramenta de comunicación entre o profesorado e as familias.

      Os/as docentes poden enviar mensaxes ás persoas responsables do alumnado, xeito individual ou grupal e poden permitir que as persoas responsables respondan á mensaxe iniciando así unha conversa con elas.

      Tipos de mensaxería:

      • mensaxes privadas
      • mensaxes de difusión
      • mensaxes tipo sala

       
      Mensaxes privadas ou de difusión para grupos enviadas polo profesorado, as persoas responsables van poder comunicarse mantendo a privacidade. A única diferenza é que o profesorado vai poder personalizar os contidos, no caso da mensaxe privada, ou notificacións de interese para todo o grupo, no caso da difusión.
       
      Mensaxes tipo sala, permiten crear novas comunicacións dirixidas ás persoas responsables do alumnado. Neste caso a selección faise por grupos completos e as respostas que se envían son visualizadas por cada integrante da sala que teña aceptado participar no chat.
       
      Unha vez enviada a mensaxe, as persoas responsables que estean subscritas ás notificacións recibirán avisos push na app abalarMóbil instalada nos seus dispositivos móbiles.

       

      Acceso á plataforma:

       

      Acceso ao servizo de comunicación:

       

      Videotitoriais:

       

      Como solicitalo:

      • O servizo está dispoñible para todo o profesorado que imparte docencia en centros públicos de Galicia. Para acceder á ferramenta soamente hai que autenticarse co usuario e contrasinal da conta corporativa (o mesmo empregado para entrar no correo e noutras ferramentas corporativas).