Curso: AS COUSAS DA BIBLIOTECA | cpdc

  • 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
  • Consultade no curso da biblio Cousas do 2º trimestre os recursos dispoñibles.

    PROPOSTAS DE TRABALLO

    caderno de “científicas” especialmente virólogas e outras investigadoras e técnicas (médicas, enfermeiras, epidemiólogas, farmacéuticas,...) relacionadas cos temas pandémicos. Podedes traballar sobre unha (ou varias) das mulleres que aparecen nos recursos ou outras que poidades coñecer vós facendo unha ficha ou traballiño en papel ou dixital co seu nome, foto ou debuxo, nacionalidade, época de vida,  especialidade na que traballa ou traballou e logros polos que as coñecemos. 

    Se alguén quere presentar a científica nun vídeo gravado polos nenos e nenas, tamén podedes. 

    Imos ter un documento de "lecturas para pensar": "Cientifícas: cociñan, limpan, gañan o premio Nobel e ninguén se entera". co que podemos animar un debate nas aulas promovendo a expresión oral en galego.
     
    PROPOSTAS SEMANA DA PRENSA

    1/Procurar novas na rede sobre a propia pandemia ao longo deste ano. Podedes analizar e comentar unha nova illada ou  facer entre todos unha pequena liña de tempo con tódolos acontecementos.

    2/Procurar novas sobre a muller e como repercutiu na súa vida a pandemia. Como repercute na igualdade, a violencia contra ela ou mesmo nas reivindicacións destes días.

    3/Podedes recoller novas de prensa sobre mulleres galegas destacadas nas distintas áreas

    4/ Procurar novas sobre o efecto da pandemia no cambio climático. Os pasos que se deron para atrás neste eido.

    5/Podedes aproveitar a pescuda sobre as científicas para analizar como repercutiu este traballo na evolución da situación sanitaria (tema vacinas) e como a ciencia está condicionando as decisións políticas. Podedes xuntar todo co traballo das científicas para que vaia  no mesmo “pack”.

    -Podedes participar na actividade “A nova da semana” comentando en audio ou por escrito unha nova de calquera tema que vos chame a atención durante estas semanas.Algúns temas de interese poderían ser “Electrodomésticos e Igualdade”. “Asia na prensa”, “Xogos Olímpicos”. “Xacobeo2021”).