Curso: AS COUSAS DA BIBLIOTECA, Section: DIA DAS BIBLIOTECAS. 24 DE OUTUBRO | cpdc

  • 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
  • Celebramos este día coa posta en marcha da biblioteca. Aínda que a biblio pareza durmida polas ciscunstancias da Covid, a vida lectora xa é un latexo en tódolos espazos do cole:

    -O protocolo xa está concluido e os cursos xa están traballando na súa presentación. 

    -Os mouchiños xa lanzaron as primeiras inciativas relacionadas co Samaín e o Monstro Coronavirus

    -As mochilas de lectura e a maleta viaxeira están xa facendo o seu percorrido. 

    -A hora de ler funciona dende o primeiro día de curso

    -O préstamo está en marcha en moitas aulas ou a piques de comezar nas outras.

    -O libro do mes está a espera de lectores.

    -A celebración do centenario de Gianni Rodari toma a súa primeira forma: a do Binomio fantástico.

    Coidamos que son moitas invitacións a ler este e tódolos días do ano.