Curso: AS COUSAS DA BIBLIOTECA | cpdc

  • 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20

  • consultade os recursos no curso do 2º trimestre e no blog fonte dos frades

    • -“Un libro e unha flor”.

      Trátase de facer flores, en papel ou outra manualidade, na aula en homenaxe a Rosalía. Podemos facer flores soltas e fotografiarnos xunto a un libro ou debuxo de Rosalía; ou pegalas nunha tarxetiña que se poida abrir, acompañándoa dunhas palabras ou versos de Rosalía. 

      -“A música dos seus poemas”. 

      Escoita activa nas aulas de poemas musicados de Rosalía.  (Uxía, Amancio Prada,...).

      Podemos escoitar os poemas propostos ou escoller outros con outros cantantes. 

       Trátase de facer un debuxo ilustrando o poema que escoitedes e escribir algúns versos (ou o poema enteiro). Tamén poderíades ilustrar un poema que fale de música e cultura tradicional (gaiteiros, festas,...)

      A maiores podedes:

      1/ gravar un vídeo curto musicando un poema de Rosalía (é dicir, lendo o poema e poñendo música de fondo)

      2/  facer unha coreografía a partir dunha das propostas

      3/f acer a vosa propia versión lendo, cantando, rapeando

      4/ facer unha presentación de diapositivas.