• ROSALÍA E O NOSO PDI




    • ANIMATE A DECORAR A TÚA TARXETA DE ANIVERSARIO PARA ROSALÍA

      Mentres agardamos a plantación podemos decorar esta tarxeta de cumpreanos. Temos dúas versións: unha para os máis pequenos con versos xa escritos pola autora e outra para os maiores coa posibilidade de copiar nela os versos que queirades.

    • Icona Cartafol

      Arquivos en jpg e pdf. Teño xa eu todos imprimidos para que vexades como quedan e  fotocopiar directamente.

      Na versión para cativos haberá que imprimir a doble cara os arquivos 1-1 e 1-2.

      Nos  pdfs hai un especial para as clases de pequenos que queiran escribir eles os versos.

      Na versión dos maiores haberá que imprimir a 1-1 e 1-3

      O amarelle da portada podémolo pintar  ou facer en papel e pegalo alí.



    • UN XARDÍN PARA ROSALÍA

      Imos decorar o cole con flores autóctonas para Rosalía, que tanto gustaba delas. A plantación será no xardín, pero  podemos facer tamén estas manualidades de amarelles (narcisos trompeteiros).