• ROSALÍA DE CASTRO. PROPOSTAS

    TEDES A MOR PARTE DOS RECURSOS NO CURSO COUSAS DA BIBLIO 22-23


    • Icona Ficheiro

      TEDES AQUÍ O MODELO PARA FACER A BONECA DE ROSALÍA.


      COMO SABEDES A PROPOSTA PARA ESTE CURSO É ELABORAR UNHA BONECA DE ROSALÍA PORTADORA DO POEMA A TRABALLAR. O POEMA INCLÚE A RECEITA DO CALDIÑO DE GLORIA, RECEITA DE ALIMENTACIÓN SANA E SOSTIBLE QUE SE INCLÚE NO NOSO PDI.


    • Icona Ficheiro
      MIÑA CASIÑA, MEU LAR

      ESTE É O POEMA PARA COMPARTIR COAS FAMILIAS



    • A 2ª PROPOSTA É COLABORAR NA FEITURA DUN KARTÓN-LIBRO 

      Escolleremos unha serie de palabras do poema Miña casiña meu lar e buscaremos/ou debuxaremos imaxes que as representen. Podemos incluir elementos interactivos.Aquí tedes varias ideas de traballo:

      -Podemos pescudar nos elementos do patrimonio cultural e/ou paisaxístico que aparecen nel ou nos elementos que queiramos. 

      -Podemos traballar as receitas do caldiño de gloria e do bolo do pote

      - Podemos tamén facer varias páxinas ou traballar con  outros poemas. 

      -Tamén facer a Rosalía e detalles da súa vida. Este traballo formará parte da celebración do Día da Poesía o vindeiro 21 de marzo

      En varios folios distribuiremos as palabras e imaxes e decoraremos como queiramos. Tamaño A4 vertical.  Con tódolos traballos presentados a biblio comporá o "Kartónlibro" de Rosalía, engadindo algúns elementos interactivos e as tapas . Se algunha aula quere facer un Kartonlibro propio con tódolos seus traballos tamén sería posible. Tería que elaborar varias páxinas e preparar as  tapas en cartón.




    • AQUÍ TEDES ALGÚNS RECURSOS PARA COÑECER Á ROSALÍA