Curso: COUSAS DA BIBLIO 22-23. MOUCHOINFORMA, Section: Section 0 | cpdc
-
-
Atopamos aquí a información e recursos básicos de cadansúa celebración. Consultade as propostas de actividade no curso COUSAS DO 1º/2º/3º TRIMESTRE. PROPOSTAS E RECURSOS.
LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA PARA ESTE CURSO
-
-
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. A VII Edición celébrase este ano 2022 o 17 de outubro baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, coordinada pola escritora Carmen Domingo . O lema deste ano, destaca, “é unha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron en situacións de conflito bélico e axuda a reflexionar e contemplar con outros ollos unha situación de sufrimento, pero tamén de xenerosidade e compromiso”.
Na nosa biblio adicamos esta xornada ás escritoras Marisa Nuñez e Eva Mejuto.
A súa obra vai estar presente en moitas das lecturas deste curso.
Consultade a ficha bibliográfica que elaboramos. -