Opcións de matriculación

Instrucións Aula Virtual 3º Primaria

Bo día alumnos de 3º de primaria.

Quero darvos primeiro a benvida á aula virtual. Desde esta aula imos ir traballando un pouquiño pero xuntos, non vos preocupedes porque imos estar ao voso carón e ao dos vosos pais todo o tempo.

Vouvos repetir as instrucións que xa vos din por whatsapp:

Ide a páxina: www.galinovaeditorial.com

Acceso profesores

Ya tengo cuenta en Galinova

Correo: remearias@edu.xunta.es

Contraseña: 1234.

Cando esteades dentro, veredes os libros de todos os cursos. Ide a Melodía 3

  • Hai unha canción "Rock das notas" , se vos fixades ben ao remate do texto aparecen uns botóns: atrás, inicio, adiante. Dádelle ao do medio e escoitaredes a melodía da canción e unha versión instrumental.

Como xa a coñecedes vou propoñer que lla ensinedes ás vosas familias. Parécevos ben? É voluntario, para pasar un rato agradable.

  • Páxina 5, repasade linguaxe musical: As calidades do son
  • Páxina 6: repasade linguaxe musical: A duración do son. Exercicio  1
  • Páxina 7: Linguaxe musical: A altura do son. Exercicios 1 e 2.

Os exercicios escritos podédelos facer nun folio ou caderno.

Vouvos propoñer que poñades a bailar á vosa familia. É unha suxerencia non unha obriga.

Na páxina 8 tedes "O carnaval dos animais" e na páxina 14 "Na festa de Monterrei", escollede a que máis os guste.

E por último por hoxe, cando teñades un ratiño ide a "Actividades dixitais 2".

Ide xogando co primeiro tema e xa me ides contando.

Se tedes algunha dúbida non vos preocupedes que estamos para axudarvos. Un biquiño e ata pronto.

Reme

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.