Opcións de matriculación

Instrucións Aula Virtual 2º Primaria

Bo día alumnos de 2º de primaria.

Quero darvos primeiro a benvida á aula virtual. Desde esta aula imos ir traballando un pouquiño pero xuntos, non vos preocupedes porque imos estar ao voso carón e ao dos vosos pais todo o tempo.

Vouvos repetir as instrucións que xa vos din por whatsapp:

Ide a páxina: www.galinovaeditorial.com

Acceso profesores

Ya tengo cuenta en Galinova

Correo: remearias@edu.xunta.es

Contraseña: 1234.

Cando esteades dentro, veredes os libros de todos os cursos. Ide a Melodía 2

Hai unha canción "Garavanciño" , se vos fixades ben ao remate do texto aparecen uns botóns: atrás, inicio, adiante. Dádelle ao do medio e escoitaredes a melodía da canción e unha versión instrumental.

Como xa a coñecedes vou propoñer que lla ensinedes ás vosas familias, que gravedes un vídeo e o mandedes ao móbil do cole. Parécevos ben? É voluntario, para pasar un rato agradable non para que vos angustiedes.

Cando teñades un ratiño ide a "Actividades dixitais 2".

Ide xogando co primeiro tema e xa me ides contando.

Se tedes algunha dúbida non vos preocupedes que estamos para axudarvos. Un biquiño e ata pronto.

Reme

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.