Tarefa de Educación Física 5º. Semana do 15-19 de Xuño.
Tarefa de Educación Física 5º.
Semana do 15-19 de Xuño.
Esta será a última semana de curso. Polo tanto gustaríame que fose diferente e especial. Xa non será necesario que enviedes o rexistro semanal da actividade física que fagades.
Actividade Física. Nuns días rematará o curso, nunhas circunstancias diferentes. Polo tanto, no área de Educación Física gustaríame, que tiverades presentes ás seguintes aprendizaxes, para a vosa vida:
- Unha hora de actividade física diaria. Axudaravos a que o voso corpo e a vosa mente, teñan estabilidade para seguir cos vosos estudos e para que sexades felices.
- Unha alimentación equilibrada. Axudaravos a ter moi boa saúde física e mental.
- Se sodes quen de integrar isto no voso día a día, estou segura que todo vai ir ven, podedes estar seguros.
A partires de agora buscade aquelas actividades físicas que vos gusten, coas que o pasades ben e practicádeas, probádeas, non dubidedes. Tedes moitas posibilidades. Gustaríame que este verán fagades moitas actividades en familia: en bicicleta, andando, patinete, actividades acuáticas... Deixo na web posibilidades para o verán, sendas, etc. Se algún de vós descubre algunha interesante, enviádea para compartir con todos.
Felicitar a todos aqueles alumnos e ás súas familias que cada semana se esforzan en mandar a ficha coas actividades semanais, fotos e algún vídeo. Tanto vós coma as vosas familias fixestes un traballo excelente e admirable.
Por último, desexarvos un verán deportivo estupendo, para que comecedes sexto coa maior das ilusións.
Moito ánimo e a practicar. Lembrade a importancia de cumprir coas medidas de seguridade e o respeto á natureza. Podedes enviar material, contáctarme no Teléfono, WhatsApp: 650602161 ou ao email: beaagrudebam@gmail.com