Section outline
-
Ola a todos e todas!Neste apartado podedes atopar materiais recomendables para TODO o alumnado. Irei engadindo novos recursos pouco a pouco.
Se algún dos nenos e nenas que estaban a traballar comigo en AL non recibíu o seu material personalizado, ten dúbidas ou se xa o completou, escribídeme a antia.sapina@edu.xunta.es
Un abrazo grande.
Antía
-
Semana do 16-20 de marzo
Este ficheiro é un resumo de APPS Educativas para Educación Infantil e 1º-2º de Educación Primaria.
Con elas poderedes traballar a grafomotricidade, lectoescritura, atención, vocabulario e moito máis. -
Semana do 23-28 de marzo
Con estas curtas animadas poderedes traballar en familia a expresión e comprensión oral. Estades preparados?
-
Semana do 30 de marzo o 3 de abril
Xogos que axudan a mellorar a expresión oral xogando en familia.
-
Semana do 14 o 17 de abril
Imos xogar un intre xuntos a atopar tolemias nestas imaxes. Estades listos?
-
Semana do 21 o 24 de abril.
Teatro de sombras caseiro para traballar a expresión oral e imaxinación.
-
Semanas do 27 de abril o 8 de maio
Xogos interactivos creados dende Make.it para Educación Infantil e 1º-2º de primaria
-
Semana do 11 o 15 de maio
Esta semana preparádevos para xogar grazas a estos genialy feitos polo equipo de Comunicar-NOS.
-
Semana do 18 o 22 de maio
Esta semana imos a mover as mans e divertirnos un pouco con actividades de motricidade fina.
-
Semana do 25 al 29 de Maio
Esta semana a proposta é un divertido xogo do Pasa Palabra. ¿Estades listos?
-