Ondas do Barrio
Ondas do Barrio
Obradoiro de radio: contamos as historias dos nosos barrios
Que é Ondas do Barrio?
É a continuación dos booktrailers radiofónicos do proxecto «Somos Reporteiros». Mantemos a mesma radio e os mesmos micros, pero agora o alumnado non recomenda un libro: presenta un lugar, unha persoa ou unha historia do seu barrio.
Cada equipo prepara o seu guión nun obradoiro de aula e vén gravalo ao estudio no recreo. O resultado son cápsulas de radio de 1 a 2 minutos, en galego.
De que podemos falar?
Dunha tenda, un monumento, un parque ou unha praza, unha persoa coñecida, unha rúa con historia, unha festa… ou un son do barrio.
Que lugar do teu barrio lle ensinarías a alguén que chega novo?
O equipo de radio
Cada micro ten un número, unha cor e un papel. Sempre levan escrito o nome da cor.
Para cada idade
| Nivel | Equipo | Duración |
|---|---|---|
| Educación Infantil | Mesa de control (persoa adulta ou alumnado de 5º-6º) + Micro 1 · VERDE | 20-40 segundos |
| 1º, 2º e 3º | Mesa de control + Micro 1 · VERDE + Micro 3 · AZUL | 45-60 segundos |
| 4º, 5º e 6º | Mesa de control + Micro 1 · VERDE + Micro 2 · VERMELLO + Micro 3 · AZUL | 1 min 30 s - 2 min |
Como o facemos
un exemplo de cápsula de radio.
os micros no equipo.
o lugar coa Ficha 1 e preguntando na casa.
o guión e ensaiamos en voz alta.
no estudio, no recreo!
Os materiais
O estudio abre no recreo
Apuntádevos no calendario de gravacións e vide co guión cuberto e ensaiado. Un equipo cada vez, en silencio: estamos no aire!
Antes de difundir as cápsulas revisamos as autorizacións das familias e non dicimos apelidos nin datos persoais.
A gravar!
Beni Suárez Suárez, coordinador de Polos Creativos, CEIP Plurilingüe Monte dos Postes