• Radio

    • Icona Páxina
      A nosa radio

      🎙️ Radio do centro

      Un espazo para comunicar, crear e aprender coas voces do noso alumnado.

      Como é a nosa radio

      A radio escolar do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes é un proxecto aberto onde o alumnado prepara guións, realiza entrevistas, crea cuñas e grava podcast. A través desta actividade trabállanse a expresión oral, a escoita activa, o traballo en equipo e a competencia dixital.

      Equipamento

      • Mesa de mesturas con canles independentes para micrófonos e música.
      • Controis de volume (faders) e equalización para mellorar o son.
      • Entradas e saídas para conectar micros, auriculares e o ordenador de gravación.

      Que facemos na radio

      • Booktrailers.
      • Programas informativos e culturais do centro.
      • Entrevistas a profesorado, familias e persoas convidadas.
      • Podcast creados nas aulas e proxectos dos Polos Creativos.
      🎧 Comezamos!
    • Icona Ficheiro
      Ondas do Barrio
      PROXECTO DE CENTRO · O BARRIO

      Ondas do Barrio

      Obradoiro de radio: contamos as historias dos nosos barrios

      Gusi, a mascota da radio, falando ao micro

      Que é Ondas do Barrio?

      É a continuación dos booktrailers radiofónicos do proxecto «Somos Reporteiros». Mantemos a mesma radio e os mesmos micros, pero agora o alumnado non recomenda un libro: presenta un lugar, unha persoa ou unha historia do seu barrio.

      Cada equipo prepara o seu guión nun obradoiro de aula e vén gravalo ao estudio no recreo. O resultado son cápsulas de radio de 1 a 2 minutos, en galego.

      De que podemos falar?

      Dunha tenda, un monumento, un parque ou unha praza, unha persoa coñecida, unha rúa con historia, unha festa… ou un son do barrio.

      Que lugar do teu barrio lle ensinarías a alguén que chega novo?

      O equipo de radio

      Cada micro ten un número, unha cor e un papel. Sempre levan escrito o nome da cor.

      MICRO 4 · AMARELO
      Mesa de control
      Pon a música, dá a benvida, presenta o equipo e pecha o programa.
      MICRO 1 · VERDE
      Que e onde
      Di que lugar é, en que rúa e barrio está e como se chega.
      MICRO 2 · VERMELLO
      Historia e curiosidades
      Que pasou alí, quen traballa, un dato sorprendente ou un son.
      MICRO 3 · AZUL
      Opinión e invitación
      Por que nos gusta e por que deberiades ir visitalo.

      Para cada idade

      Nivel Equipo Duración
      Educación Infantil Mesa de control (persoa adulta ou alumnado de 5º-6º) + Micro 1 · VERDE 20-40 segundos
      1º, 2º e 3º Mesa de control + Micro 1 · VERDE + Micro 3 · AZUL 45-60 segundos
      4º, 5º e 6º Mesa de control + Micro 1 · VERDE + Micro 2 · VERMELLO + Micro 3 · AZUL 1 min 30 s - 2 min

      Como o facemos

      1
      Escoitamos
      un exemplo de cápsula de radio.
      2
      Repartimos
      os micros no equipo.
      3
      Investigamos
      o lugar coa Ficha 1 e preguntando na casa.
      4
      Escribimos
      o guión e ensaiamos en voz alta.
      5
      Gravamos
      no estudio, no recreo!

      Os materiais

      PARA PROXECTAR · 11 DIAPOSITIVAS
      Presentación do obradoiro
      Guía a sesión de 45-50 minutos: que é unha cápsula, ideas de lugares, un exemplo, os micros, a estrutura e trucos de reporteiro.
      Abrir a presentación (PDF)
      Gusi cunha lupa
      PARA IMPRIMIR · 4 FICHAS A4
      Fichas do alumnado
      Ficha 1 para investigar o lugar e os guións para Infantil, 1º-3º e 4º-6º, con espazo para escribir e debuxar.
      Descargar as fichas (PDF)
      Gusi lendo un guión
      EXEMPLOS · 5 MODELOS
      Modelos resoltos
      Guións xa feitos para usar no obradoiro: a Igrexa de San Lázaro, o MUPEGA, os peregrinos do Camiño, a panadaría e o parque.
      Ver os modelos (PDF)
      Gusi celebrando

      O estudio abre no recreo

      Apuntádevos no calendario de gravacións e vide co guión cuberto e ensaiado. Un equipo cada vez, en silencio: estamos no aire!

      Antes de difundir as cápsulas revisamos as autorizacións das familias e non dicimos apelidos nin datos persoais.

      A gravar!

      Beni Suárez Suárez, coordinador de Polos Creativos, CEIP Plurilingüe Monte dos Postes

    • Icona Páxina
      Videotitoriais da nosa radio

      Como funciona a nosa radio

       

       

    • Icona Ficheiro
      Carteis da nosa radio

      Aprende os tipos de micrófonos que hai, como gravamos as voces e a música.

    • Galería de imaxes e vídeos