🎙️ Día das Letras Galegas

Un proxecto audiovisual con participación do noso centro

Neste espazo presentamos un documental creado pola Real Academia Galega para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño.

Trátase dun traballo audiovisual que nos achega á figura da homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas ofrecendo unha visión accesible e enriquecedora da súa vida e obra.

Queremos destacar con especial ilusión que o inicio deste documental foi gravado na radio do noso centro, o CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, o que supón unha experiencia moi significativa para o alumnado participante.

Esta actividade desenvolveuse a través de obradoiros de radio realizados co alumnado de:

  • 5º de Educación Primaria – 12/02/2026
  • 6º de Educación Primaria – 19/02/2026

Os obradoiros foron conducidos por Amelia García Hervella, Concha de la Fuente e Xosé Luis Freire, aos que agradecemos a súa colaboración e implicación neste proxecto.

O documental foi realizado coa colaboración da produtora audiovisual Míramemira, que contribuíu a dar forma a este traballo de gran calidade.

Última modificación: luns, 13 de abril de 2026, 4:57 PM