Letras Galegas 2026 - Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul | O documental das Letras Galegas 2026
-
Letras Galegas 2026 - Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul | O documental das Letras Galegas 2026
-
🎙️ Día das Letras Galegas
Un proxecto audiovisual con participación do noso centro
Neste espazo presentamos un documental creado pola Real Academia Galega para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado a Begoña Caamaño
Trátase dun traballo audiovisual que nos achega á figura da homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas ofrecendo unha visión accesible e enriquecedora da súa vida e obra.
Queremos destacar con especial ilusión que o inicio deste documental foi gravado na radio do noso centro, o CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, o que supón unha experiencia moi significativa para o alumnado participante.
Esta actividade desenvolveuse a través de obradoiros de radio realizados co alumnado de:
- 5º de Educación Primaria – 12/02/2026
- 6º de Educación Primaria – 19/02/2026
Os obradoiros foron conducidos por Amelia García Hervella, Concha de la Fuente e Xosé Luis Freire, aos que agradecemos a súa colaboración e implicación neste proxecto.
O documental foi realizado coa colaboración da produtora audiovisual Míramemira, que contribuíu a dar forma a este traballo de gran calidade.
-