Conclusión
Para rematar...
Como puidestes comprobar na realización da primeira tarefa, investigar sobre os impactos medioambientais, o voso papel foi o de técnicos especializados en Medio Ambiente.
Unha vez realizada esta primeira tarefa, entre toda a clase, realizaremos a modo de Conclusión o informe da segunda tarefa que achegaremos aos responsables de Medio Ambiente do noso Concello.
... que impactos medioambientais consideras máis problemáticos??
... que propostas de mellora realizarías con máis urxencia??
... a importancia da regra dos 3 R R R?
Un pouco de lecer
Se remataches as tarefas, podes gozar duns momentos de lecer, ben merecidos, nas seguintes ligazóns:
- Recursos educativos de ECOEMBES. Xogos e moitas cousas máis.
- "O bosque encantado". Conto en LIM do CEIP de Pazos.
- Biodiversidade. LIM de Nela Abella.
- Reciclaxe. LIM de Lola Iglesias Iglesias.
Para rematar, só resta indicar que todos deberiamos comprender que esta forma de traballar é un recurso educativo moi útil, xa que nos vai permitir adquirir coñecementos de xeito divertido e ameno.
Esperemos que as vosas achegas aos responsables de Medio Ambiente incidan nunha mellora na nosa contorna...
... que teñades un bo Día do Medio Ambiente!!