Saltar navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de segundo e terceiro Ciclo de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Coñecer a orixe da celebración da festa do "Samaín" e "Halloween".
  • Pescudar información sobre a lenda das cabazas.
  • Identificar os elementos estruturais dun conto ou lenda.
  • Elaborar un conto sobre temática de medo.
  • Ser capaz de realizar un traballo de investigación.
  • Desenvolver a capacidade creativa para plasmar a información seleccionada nun cartaz.
  • Utilizar programas de edición de son para gravar unha historia en linguaxe oral.
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (copiar, pegar gardar arquivos, etc.), así como Internet a nivel de usuario e o emprego de programas de edición de sons.

Contidos

  • Historia do Samaín.
  • Lenda da Cabaza.
  • Lenda de The Jack O'Lantern.
  • Estructura dun conto ou lenda.
  • Metodoloxía das webquest.
  • O cartaz como elemento informativo.
  • Arquivos de audio como elemento de expresión oral.

Competencias

Nesta webquest trabállanse as seguintes “Competencias clave”:

  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora. Pegamentos, cartolinas, lapis de cores e pinturas .
  • Software: Programas de edición de sons instalados no PC (audacity), navegador. Programa de edición de textos.
  • Organización do espazo: Traballaremos na aula de informática para a pescuda de información e a gravación do conto, e na de plástica para a confección do cartaz.
  • Organización alumnado: O alumnado traballará individualmente a tarefa de investigación, e por parellas a elaboración do cartaz, seguindo as instrucións do apartado de "Proceso", e a gravación do conto.
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Proceso" da webquest..
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas as áreas de lingua, ciencias sociais e educación artística.

Temporalización

  • Catro ou cinco sesións dunha hora.

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos no apartado de "Avaliación" da WQ.