Tarefas
A vosa misión nesta webquest é de vital importancia para as xentes da nosa contorna xa que debedes buscar información sobre a enfermidade producida polo virus do Ébola e transmitirlla a toda a comunidade educativa para eliminar o medo que se lle ten por descoñecemento dos efectos da mesma. Asemade, tamén pecudaredes información sobre aspectos xerais de como "Aprender a coidar a nosa saúde".
Para levar a bo término a vosa misión sanitaria, formaredes grupos de 4 membros para plasmar a información recollida nos seguintes produtos divulgativos:
- Elaboración dun díptico sobre a enfermidade do Ébola, seguindo as pautas que figurán no apartado de "Proceso".
- Edición dun folleto informativo, con indicacións claras e sinxelas de como "Aprender a coidar a nosa saúde", que tratarán como mínimo os seguintes temas: alimentación; descanso; exercicio; enfermidades; drogas e hixiene.
Todos os traballos cunha calidade aceptable serán colgados na web e blogs do centro para informar a nosa comunidade virtual. O mellor de todos eles será impreso e repartirase entre a comunidade educativa o Día Mundial da Saúde.
... imos axiña, hai que estar prevenidos!!