Saltar navegación

Introdución

Membros Unión Europea
Wikimedia Commos/Kolja21. Membros Unión Europea (CC BY-SA)

O día 9 de maio celébrase o Día de Europa, e na biblioteca do centro andan a procura de investigadores para a realización dun traballo documental dobre os países membros da Unión Europea...

Sabías que o noso País pertence a esa organización de paises que teñen moitas cousas en común.

No mapa da dereita podedes observar como se foi ampliando a Unión Europea (UE) desde o ano 1957 ata hoxe.

Se vos fixades ben, observaredes que o número de paises membros da Unión non parou de crecer e todavía hai varios que están pendentes de incorporarse a UE.

... pero que é a Unión Europea?

... por quen está formada?

... cales son os seus símbolos?

... cal e a súa función e como funciona?

...anímate a realizar esta Caza do Tesouro para colaborar coa biblioteca do centro e convertiraste nun especialista en temas da Unión Europea.

 ...xa toca pescudar!!!