Primeiro pasos en Blogger
Crear un blog en Blogger
A continuación, mostraranse os pasos que se han seguir para obter unha conta de Blogger.
- Entramos en Blogger.
Se xa dispós dunha conta accede coma sempre, senón no apartado anterior explicabámolo detidamente.
Aparecerás na páxina principal de Blogger. Para crear un novo blog, pulsa no botón "Novo blog".
Mostrarase un cadro para introducir os datos persoais, o título do blog novo e o enderezo do blog que queremos que vaia ter. A continuación, seleccionaremos o modelo do blog que desexamos ter (aínda que posteriomente se poderá cambiar).
Fai clic no botón "Crear blog" que se atopa ao final do cadro.- Automaticamente, cando pulsemos o botón e enchamos correctamente os datos, aparecerá unha mensaxe indicando que se creou correctamente o blog.
Ao lado, teremos dúas opcións, "Empezar a publicar" e "Ignorar". Pulsaremos a primeira: "Empezar a publicar".- E velaí o noso blog creado! Agora toca personalizalo, así que adiante!