Preguntas
Imos pescudar sobre a Lagoa de Antela na actualide. Na nosa clase decidimos colaborar, pero para realizar esa tarefa primeiro témonos que informar de cal foi a súa orixe segundo a lenda. Teremos que resolver as seguintes tarefas para poder resolver a Caza do Tesouro:
Tarefa individual: Pescuda de información sobre a lenda da Lagoa de Antela
Para acadar o tesouro, primeiro deberedes responder individualmente a todas estas preguntas:
(Non fai falta que copiedes as preguntas, xa que se facilita un guión, que deberedes cubrir, no apartado de recursos).
- Que cidade bíblica ocupaba esta Lagoa na antigüidade?
- De que carecían os veciños?
- Quen quixo castigalos?
- Que propuxo Xesús?
- En que se transformou Xesús para baixar á Terra?
- Quen foi a única persoa que o escoitou?
- Que lle ofreceu a Xesús?
- Que lle pasou á cidade de Antioquía ao día seguinte?
- Cantas persoa se salvaron?
- Que se pode ver nas mananciñas de San Xoán?
- ... e na Noiteboa, ás doce da noite?
Tarefa en grupo: Elaboración dunha galería de imaxes sobre a Lagoa de Antela.
Crearemos un catafol compartido en Google Drive no cal iremos descargando as imaxes que relacioadas coa Lagoa de Antela. Para elo, por parellas, realizaredes a seguinte actividade:
- Visionade en grupo esta presentación sobre a Lagoa de Antela.
- Elaborar unha galería de imaxes compartida en Google Drive entre os membros do equipo.
No apartado de Recursos atoparás as ligazóns e materiais necesarios para completar a Caza do Tesouro.
Licenza: outras licenzas de software libre