Gay Lagar leva a formato libro unha metodoloxía especifica para profesionais (Patios Dinámicos) e familias (Parques Dinámicos) para promover o xogo inclusivo utilizando as ferramentas que aparecen no libro: 36 fichas visuais de xogos con pictogramas e material visual de apoio ao xogo e ao momento de xogar. É unha ferramenta de Inclusión Social que fomenta a participación de todo o alumnado no tempo de recreo e que está complementada por Parques Dinámicos como estratexia de xogo en familia.
Premisas:
  • O XOGO é LIBRE. E o programa é un propulsor dese xogo libre a través dun proceso de acompañamento do alumnado que non accede de xeito automático a ese xogo por razóns moi variadas.
  • INCLUSIÓN. Xamais se vai separar o alumnado participante do programa Patios Dinámicos do resto do alumnado que está presente no recreo escolar. A formación dos axentes activos (profesorado, alumnos colaboradores, persoal externo) capacítaos para afrontar o momento de recreo de xeito resolutivo e inclusivo. Separar é excluír, marcar a diferenza, etiquetar.
  • EQUIDADE. Cada persoa é única e diversa en si mesma. En Patios Dinámicos e na súa variable Parques Dinámicos ofrecémoslle a cada persoa o que precisa para estar en igualdade de condicións ante unha situación de xogo.
A que xogamos? Por que é importante xogar? Xogan todos os nenos e nenas no recreo? A que podemos xogar no colexio? Este libro busca achegar a realidade contemporánea que sofre gran parte do alumnado con Trastorno do Espectro Autista (TEA), que se atopa escolarizado en centros educativos ordinarios.
O proxecto "¿A que xogamos?" ten como obxectivo desenvolver e aumentar as habilidades sociais e comunicativas no alumnado con TEA, debido ás situacións de illamento observadas durante as actividades educativas compartidas cos seus iguais, especialmente nos períodos de recreo.
As dificultades comunicativas e en habilidades sociais, sumadas ás súas dificultades académicas, fan que sexan nenos con altas porcentaxes de fracaso escolar, ademais de engadirse outros factores de risco social: a exclusión social e o acoso escolar ou bullying.
O proxecto intenta, mediante a introdución de diversos xogos e apoios no recreo, reverter a situación de illamento que sofren diariamente nenos e nenas durante a súa xornada escolar, aumentando de xeito gradual os seus tempos de interacción positiva. O libro inclúe:
  • Un estudo de caso real dun neno con TEA.
  • Un ficheiro de xogos con apoios visuais adaptado ás diferentes etapas educativas de Educación Infantil e Primaria.
A mestra Olga Fernández e o mestre Narciso Rodríguez abordan un tema sumamente interesante e necesario como é a inclusión durante os recreos nos colexios ordinarios e específicos.
Destacan que este tempo, que para algúns e algunhas pode resultar moi divertido, para outros e outras pode ser o momento máis difícil ao que se enfrontan na xornada escolar. Por este motivo, fan fincapé na necesidade de establecer diferentes programas que axuden á inclusión.
Para levalo a cabo, presentan diversas estratexias que teñen como finalidade ofrecer diferentes graos de apoio en función das necesidades do alumnado. Nestes programas aparecen tres figuras fundamentais:
  • Alumnado obxectivo: Aqueles nenos e nenas que requiren un impulso para participar.
  • Acompañantes: Compeñeiros e compañeiras que serven de guía e apoio.
  • Responsables: Quen coordinan e supervisan que a dinámica funcione.
Cabe salientar que calquera neno ou nena pode beneficiarse dalgún destes programas, xa que se basean nos apoios naturais dos seus propios compañeiros e compañeiras, fomentando unha convivencia enriquecedora para todo o centro.
A obra de Víctor Pavía expón unha interpretación das cualidades do patio escolar e os seus modos de uso como espazo cotián de recreo. A indagación percorre o arquitectónico e o pedagóxico, o recreativo e o educativo, o motriz e o social, o obxectivo e o subxectivo, abordando as teorías e políticas da recreación, un campo en construción.Non se propugna un modelo único de patio escolar. Porén, apórtanse elementos para que os colectivos escolares discutan os seus patios de recreo e para que funcionarios e planificadores revisen os seus criterios para deseñar espazos de xogo. Para acadar este obxectivo analízanse:
  • A organización do espazo.
  • O carácter dos espazos de xogos.
  • O espazo de xogo situado.
  • Espazos e tempos escolares para o descanso e o esparexemento.
  • ducación escolar e as súas rexións.
  • Existen achegas sobre o patio escolar de recreo realizadas dende a socioloxía, a antropoloxía, a psicoloxía e a arquitectura. Mentres que escasean as achegas da pedagoxía, sempre renuente a valorar a folganza. Este traballo ofrece achegas concretas para encher ese baleiro con afirmacións valentes e contundentes. 
     

    A mediación é un sistema cooperativo de xestión e resolución de conflitos entre persoas ou grupos que, a través dun proceso non xurisdicional, voluntario e confidencial, posibilita a comunicación entre as partes para que, desde a transformación da súa comunicación, traten de chegar a acordos viables que satisfagan a ambas.

    En contextos educativos resultan aínda máis interesantes, se cabe, os efectos que produce a mediación, sendo claramente un elemento de mellora da convivencia, que ademais ten carácter preventivo e educativo.

    O presente libro recolle experiencias diversas na formación, deseño e implementación de programas de mediación en institucións educativas que guindan luces e sombras; se ben, convén revisar o tema para solventar as sombras e coidar que o potencial transformativo da Mediación Educativa se desenvolva, permaneza e empape a convivencia. Este libro expón a proposta para elo: A Mediación Educativa Contextualizada, cun enfoque global e inserida no Plan de Convivencia entre outros programas como a Educación para a xestión positiva de conflitos, a Educación emocional e a Educación en habilidades sociais e comunicación eficaz, xunto cunha formulación educativa da disciplina. Ensinar a nenos e mozos a xestionar positivamente os conflitos e axudar a outros a resolvelos mediante o diálogo e o acordo é colaborar á construción dun mundo máis habitable poboado de persoas máis felices.

Última modificación: luns, 4 de maio de 2026, 7:43 PM